A herdanza do vento

by Ezetaerre

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

1.

about

Gravado por Iago Pico en Pousada Son Studios (Ames, Galiza).
Letra por Garchu, Pirola e Petrowski.
Instrumental por Petrowski.

credits

released July 5, 2016

tags

license

about

Ezetaerre GA, Spain

DIGNIDADE · SOLIDARIEDADE · HUMILDADE

Grupo de rap combativo dende Galiza.

Contratación: ezr.galiza@gmail.com (617888186).

contact / help

Contact Ezetaerre

Streaming and
Download help

Track Name: A herdanza do vento
Voltamos da viaxe ao país dos ananos
Entre verbas baleiras, entre tanto mercenario
Executo brincadeiras neste día dos enganos
Poño a vista no futuro pero lembro o meu pasado
Queres caldo? Tes sete cuncas neste track
Golpeando no meu peito coa enerxía dun All Black
Que non era capaz de manter a mente limpa?
De rachar con ese estigma que nos quere calar?
Unha noite no muíño non é noite nin é nada
Comparada coa xornada da labrega explotada
Se morro na batalla, regreso nas facianas
Das milleiras que traballan para nunca ser escravas
Fartas, insomnes, axitando as conciencias
Andamos a monte para manter a nosa esencia
Con Suso Vaamonde e a súa insolencia:
Que se vaian pró carallo os ladróns da nosa terra

Esta loita non a mata o tempo
Somos as herdeiras de quen venceu ao vento
Resistindo ao noso desencanto
Porque aínda existe a dor, porque aínda existe o pranto

Esta loita non a mata o medo
Somos as herdeiras de quen rachou con este ceo
Confrontando coa noite do outono
Para todas sempre a luz, para todas sempre todo

Regresamos con valor como obreiras francesas
Con ganas de vencer, con aires de grandeza
Sempre fieis á batalla, queremos dar a talla
Resistimos con orgullo como as FARC nas montañas
Temos a rabia dunha explotada nun call center
Da bombeira queimada, da vítima dun ERE
Da muller maltratada, da compañeira acosada
Da neta que non esquece á súa avoa fusilada
Arrogantes, disidentes, como Muhammad Ali
Eternas como Jimmy, como Shangay Lily
Neste noso transporte dá igual o pasaporte
Vén María Ginestà sinalando o horizonte
E dá igual o que veña, que penas xa son moitas
Que nos pasen os anos, medremos entre loitas
Sigamos firmes, unidas, rebeldes e insumisos
Que veñan por nós, agardaremos cun sorriso

Refrán

Seguimos berrando dende o mar contra o terror
Pra que escoite quen prefire que aturemos esta dor
Rap de combate e de acción, compromiso e paixón
Estas letras son de guerra pra mañá cantarlle ao amor
Solidarias sen temor, como as Brigadas
Valentes como as sindicalistas rapadas nas prazas
Pisaremos esas serpes que só morden ás descalzas
Faremos da rabia música, como Gata Cattana
Na mente as fuxidas e as que o deron todo
Non esquezo a Pavlos Fyssas nin tampouco a José Couso
Como as obreiras de Alcoa loitamos polo que é noso
E entre tanto clarescuro imos vencer aso monstros
Fronte ao pesimismo, sorrí por ti e por todas
Supera cada derrota, sempre en pé ata a vitoria
Alegra xa esa cara, veña, que agora nos toca
É hora de que as vencidas escriban a súa historia

Refrán