Aspiracións mínimas e urxentes

by Ezetaerre

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

1.
2.
3.
4.
5.
04:10
6.
7.
8.

about

Primeiro disco de estudo de Ezetaerre.

credits

released February 22, 2017

Gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico en Pousada Son Studios.
Letras por Garchu, Pirola e Petrowski.
Instrumentais por Petrowski.
Ilustración por Gráfika Diablo Rojo.
Deseño por Santa Guerrilla.

tags

license

about

Ezetaerre GA, Spain

DIGNIDADE · SOLIDARIEDADE · HUMILDADE

Grupo de rap combativo dende Galiza.

Contratación: ezr.galiza@gmail.com (617888186).

contact / help

Contact Ezetaerre

Streaming and
Download help

Track Name: Notas do amauta
El enemigo no olvida ni perdona, pero nuestra vida ya se la hemos entregado a los trabajadores. Si en el evento de que el enemigo lograra arrebatarnos nuestra vida, bienvenida la muerte porque sabemos que, al caer nosotros, saldrán los que nos deban representar; los que sigan dirigiendo lo que el pueblo quiere: una Colombia feliz, llena de esperanza.

Escoitamos as quenas que dan inicio da acción
A riqueza dun combate de tono multicolor
Xa abondou de saquear os recursos naturais
Tantos anos explotadas e non aturamos máis
Morreremos como Fidel, na necia irreverencia
Tomar parte neste baile da segunda independencia
Coa cor da esperanza nos ollos de puma
Coa luz e coa sombra desa serpe con plumas
Respiramos desas lides dos tempos de Moctezuma
E procuramos un lugar onde xa non hai bruma
Esiximos outro mar onde o tempo non consuma
Nin a terra, nin a lingua, nin a escuma

Nós danzamos o baile da liberación
Contra o xugo do colono e do ditador
Por tornar ese rumor nunha canción
Por alzar no noso sur un novo albor

Continente sementado entre regos de traxedias
Veas abertas pero o corazón latexa
Combatendo pola paz eses choros polas perdas
Co son dunhas guitarras que fan fronte á pobreza
A liberdade está agochada nun pobo que canta e berra
Na wiphala que sosteñen esas mans que aran a terra
Polas liñas de Nazca fun camiño de Marcané
Fun en moto pola Pampa acompañado polo Che
Nas illas do Titicaca deprendéronme a tecer
Escribín cancións protesta por Allende e por Fidel
E na Praza de Maio falei cunha muller:
"Non queremos máis Videlas no poder"

Retrouso

Celebramos cunha cumbia a morte de Colón
Brindei con Frida e con Chavela pola liberación
Quixeron asasinar un continente
As desaparecidas, sempre presentes
Constante a ameaza do maldito Tío Sam
Mais vivimos sempre en garda, aprendimos de Marulanda
Herdeiras das mapuches, da súa forza e sentimento
O Comandante está presente dende a Habana a Varadero
Seguide na batalla, guerrilleiras deste tempo
As indíxenas ben saben que aínda quedan mil xaneiros
América Latina é o noso exemplo
Cadaquén vén dunha loita, dun desexo ou sufrimento

Retrouso
Track Name: Aspiracións mínimas e urxentes
Aspiramos porque choramos, pero nunca suplicamos
Cada noite emigradas, cada día no paro
En medio do frío, da pobreza enerxética
Prometimos tomar o control, expropiar as eléctricas
Subir aos postes da luz a Felipe González
Que sude o mono azul con Jorge Cremades
É vendetta, é que nos pon imaxinalo
É que aspiramos a un mundo sen patrón nin amos
Vamos, pavo, as que vivimos sen un chavo
As que comemos os marróns, as que curramos como escravos
Que morremos nas guerras para que gañe o capital
Mandaremos a Afganistán a Hillary e a Trump
Escoita, pardillo, temos a forza de Camilo
Pero non hai compaixón cos nosos inimigos
Apurade as oracións, probade coa represión
Non vos libra nin Obama, o voso tempo rematou

Non, non vale retroceder
Máis cedo que tarde tomaremos o poder
E dá igual o que quede por facer
Non viñemos ata aquí para desfalecer

Non, non, non vale retroceder
Máis cedo que tarde tomaremos o poder
Tomaremos o futuro, venceremos no presente
Máis que unha aspiración, é o mínimo e urxente

Que se agochen nas súas casas, que xa imos a por elas
Os pais do capital contra as fillas da miseria
Queremos rematar con esas noites en vela
E non supurar perdas entre vendas e cadeas
Aspiramos a borrar a tristura deses rostros
A non encher maletas nin de fotos nin recordos
Que un banco sen remorsos non deixe outro fillo orfo
Ao empurrar pola ventá ao seu pai xunto aos seus soños
Isto é unha carta urxente, como a de Marcos Ana
E cada aspiración é un conato de esperanza
Pra acabar con cada CIE e co xenocidio en Gaza
E que a muller camiñe á noite sen medo a ser violada
Busco o todo entre a nada, que eles sexan os que choren
Con esmolas non se come e xa farta pasar fame
Quixeron afundirnos, somos imparables
A farsa xa se acaba, desfrutemos da catarse

Retrouso

Non para, non, o rebumbio polas prazas
Que voguen polas rúas voces de mil argonautas
Conquista a subcontrata, comeza esa alianza
Non vendas o que penses nin por toda a súa prata
Eu estou onde ninguén máis está
Ven comigo para acá, non teño nada que celebrar
Todo por recuperar, tócanos ilusionar
Quero que non quede ninguén fóra, sen fogar
Como o Toni poño a miña ialma no exercicio
Son como un anxo caído en Tokio-3 entre os edificios
Busco un novo inicio, rachar cos artificios
Son o Pedro e teño a chave nestes versos pontificios
Achei a realidade afogado na rutina
Fago esgrima na tarima con dureza e disciplina
Con lágrimas de furia mais con forza saio á rúa
Con nada que perder, pois a loita continúa

Retrouso
Track Name: Viaxe sideral á Audiencia Nacional
Se todo son ataques que non pidan boas caras
Nin minutos de silencio pra quen nos condea e mata
A mofa sae de dentro e pode servir de arma
Este marzo pra Valencia, que hai que ver a Rita on fire
Se queres gañar votos, non rompas a cabeza
Os medios falarán sen parar de Venezuela
Antes marcho pra Chernobyl que votar a Albert Rivera
Este disco é dinamita, vai chamando aos TEDAX
“Defíneme a xustiza” Imos intentalo:
Petra László de piñata para un neno refuxiado
Lástima o de Siria, o mundo vai pró carallo
Financiaron aos rebeldes e digievolucionaron
Mentres tanto hai rap baleiro, pose sen sentido
O autotune muda a voz pero non dota de contido
Quero ver coser a Trump ao ritmo dun corrido
O humor é a alegría do pobo desposuído

Ezetaerre, rap galego e combativo
Non temos piedade cos nosos inimigos
No beneficio do colectivo
Isto é loita de clases, non un clube de amigos

Ezetaerre, contra o capital
Tomamos partido na batalla cultural
Co valor nesta viaxe sideral
O noso último concerto na Audiencia Nacional

Move as cadeiras o noso rei emérito
Non ten que traballar coma o fillo primoxénito
Son cargos pretéritos no Estado benemérito
Cobrar sen ir choiar ten moito, moito mérito
Que mexan por nós, aínda que digan que chove
Quedan dous mil anos máis pra pagarmos a AP-9
Coas obras do AVE só encheron os seus sobres
Terrorismo fiscal para toda a lista Forbes
Abel, o dinoseto sinala o noso camiño
Coma o bobo de Rajoy cando fala dos veciños
Que sí, que no, que nunca te decides
Que vés sendo do PSOE? Pois por ti goberna o IBEX
Rapper combativo, pura dose de skills
Aquí non nos treme o dedo pra lanzarvos ese mísil
Corto a conexión empuñando o meu fusil
Os rapeiros sen criterio que tiren pra Indiana Bill

Retrouso

Sarcasmo das obreiras, a mofa das cretinas
Mistura explosiva como Bin Laden e a CIA
Non todo vai ser serio, formal ou amargado
Temos un punto gracioso como un toureiro desangrado
Neste ritmo pesadón, paso da competición
Isto é un feto abortado para o alcalde de Alcorcón
Letra de combate, sen disimular
Queremos rave no piso de Ramón Espinar
Na investidura de Rajoy houbo xemidos do IBEX
E o PPSOE camuflouse nunha festa swinger
Pedro Sánchez, Soraya, Mariano e Susana Díaz
Dime, socio: ¿en tu sede o en la mía?
Queda pouca paciencia entre tanto gilipollas
Temos claros referentes: toma esa, caranchoa!
Vemos a Cuba avanzar coa forza dun tsunami
Queremos ver a Poetarras cantando en Miami

Retrouso
Track Name: Mao a mà (con Júlia Serrasolsas)
Isto é unha historia que saíu dunha mesilla
Dunha lámpada, do insomnio, da foto da pandilla
Da nostalxia na máis crúa madrugada
Nun sistema no que durmen ata as esperanzas
Houbo que se consolou, “outro tempo foi mellor”
Será temor? Medo a un futuro peor
Coa inocencia do neno busco culpas e matices
Por que somos tan novas pra ser tan infelices?
Non é derrotismo nin deixamos de soñar
Pero a realidade apreta e non deixa respirar
Vendo a foto dos colegas, confirmo a teoría
Dime ti, como constrúo a miña vida?
“Vive el día a día”, “Improvisa, sé tú mismo”
A miseria non é xusta por pintala de optimismo
Mr. Wonderful morreu na depresión do paro
A avaricia do banco matou ao príncipe azul
Pasa do milagre español e do soño americano
Son falsas ilusións, os que soñan son os mercados
Dime a que aspiramos, se nos queren arrastrados
I en contrato temporal para lucro do empresario
E o tempo, iso non hai quen o pare
E o sol asoma entre as cortinas ata a miña mesilla
Á que emigrou, á precaria, quen inspira este caderno
Sodes a causa e a razón pra vencer ao inverno

Faci fred, plogui o nevi, hi hagi pau o repressió
Alçarem punys i banderes cap a un futur millor
Faga frío, chova ou neve, haxa paz ou represión
Alzaremos as bandeiras para un futuro millor

Quan no és el mar el que ens ofega
Ni un petó el que ens silencia
Quan la por és més furtiva
La jove s'organitza combativa
A la companya que no pot estudiar
A la que treballa per molt poc
A la que o menja o s'independitza
La del fred, la set i la foscor
A la companya de puny i consciència
A la que no es desanima
A la que quan té molta ràbia
La transforma en energia
Quan és la justícia que ofega
I la llei que ens silencia
Quan l'esperança és l'activa
La jove s'organitza combativa

Retrouso

Baixo a luz do día é máis dura a confesión
Xa non pode escapar do mundo cando sae o sol
Escoito á miña nai que enreda na cociña
Fai café e tostadas a modo de benvida
Benvida sexa a miña nai e a súa forza nesta vida
Tamén o seu exemplo pra vencer a desidia
Son tempos complicados para mentes nostálxicas
Pero teño a fortuna de vivir entre heroínas
Algunhas ao meu lado, ou cruzando o Atlántico
Pero sempre ao meu carón nos momentos dramáticos
Vin a Ángela sorrir contra o paramilitar
Escoiteille berrar: "¡Antes morir que abandonar!"
Teño irmaos na emigración, traballando por dous duros
Tamén vexo as frustracións das que non atopamos curro
E aínda así, no medio da locura
Vexo aflorar o apoio mutuo pra rachar coa tristura
A cousa está na empatía, en non ser o guía
En saber que na trincheira teño á miña familia
A xente coa que construír, mudar o mundo de base
Do global ata min cando hai que deconstruírse
Veña, si, sexamos novas por un rato
Vivamos no mandato de exercer o desacato
E nas mozas do mundo, que quede a lembranza
De que no medio da barbarie, somos a esperanza

Retrouso
Track Name: Suagh
Sabes o que é medrar criado de nota en nota?
O pracer dese boom bap como banda sonora
Comecei a amar os clásicos con Dolcce Rotta
E aprendín da explotación nun retrouso dos Estopa
Bombo e caixa a queimarroupa pra loitar contra a inxustiza
Negratas en Detroit desafiando á policía
Cantamos con Mercedes pra darlle grazas á vida
Que traballe o rei e que non morran as da mina
Rimas clandestinas dedicadas ás do andamio
I é que aquí en Galiza tamén hai medo e asco
Non é tempo de chorar, Habeas deixouno claro
Coas letras do Efe imos seguir soñando alto
Escoitei a Silvio poñer nome aos ogallás
Co Charlie e co Chaman regresei á miña infancia
Se nos queren sen ás imos elixir voar
Porque nós somos tamén figli della stessa rabia

Veña, va, escribe uns cantos versos
Que a unidade sexa o teu quinto elemento


O Garchu pon o flow
Petrowski trae a clase
O Pirola engade o punk
E destrozamos esta base

Aparezo eléctrico nesta canción de cancións
Traio candombe e perreo inspirados por Van Damme
E móvete xa e sinte o corpo vibrar
Que non hai revolución se non podo bailar
Ben sexas Jimmy Jazz, ou o Manolo Rastaman
Estás na liña do frente, Rudie, non podes fallar
Tes moito pra elixir, cambiar de hoxe pra mañá
Tamén podes dicir que non somos nada
Baila esta cumbia tropical contra o capital
Melodías subversivas nun estribillo dos Clash
Das favelas de Río a Jamaica nos 60
Rocksteady, prima, disturbios ata que amaneza
A irreverencia do punk e a potencia dun bo hardcore
Nun compás musical, rachamos co relato
Como o Grândola cantamos ao cambio de valores
Pra facer un novo abril despois destes acordes

Eh, avisamos:
Somos os mesmos que cando empezamos!

Retrouso

Eh, meu, escoita a DKTC, vai
Fai un bombo caixa co teu MPC
Vai e rouba esa guitarra duns tal AC/DC
E comeza a tecer rimas nese papel
Que hai Tremenda Jauría pra toda a semana
Fillas do agobio e dos temas de Triana
Escenes Quotidianes, ah, volum II
Tamos sempre no ZOO cos Gorillaz dando caña
E menos mal que nos queda Portugal
Matar jipis en las Cíes con Siniestro Total
Ese son brutal de Pete Rock na instrumental
De La Otra, de La Basu, de la Bittah, de la Starr
E dálle ao loro, meu, baila sen medo
Ben sexa neste rap ou nos ritmos caribeños
Orgullosas do que fomos, do que somos, do que cremos
Que dentro do meu corpo hai simpatía polo demo

Ei, dálle ghas ao altofalante
Coa man erguida neste ritmo incesante

Retrouso
Track Name: Baixo a kufiya
Son un de moitos nenos, o meu nome é Amir
Teño doce anos e son ilegal no meu país
Vivir con medo cada día é a miña condea
E o meu único delito, non nacer en Tel Aviv
Ao comezo da xornada intento ter unha rutina
Medrar coas compañeiras ao calor dunha familia
Criarse en Palestina é unha infancia clandestina
Entre tanques e pedras, riscos e fuxidas
Pensar mirando á nada en protestas e intifadas
Non hai contos de fadas pra un rapaz que crece en Gaza
Casas derrubadas que soterran a esperanza
A carraxe e a inquedanza que asoballan as miradas
Unha vida que endurece, xa non lembras o importante
Es feliz estando un mes sen sufrir ningún ataque
Caen bombas dende o alto e aínda que sexa un instante
Que o azar decidirá é a única seguridade

Non penso renunciar a vivir na miña terra
É unha ocupación, que non falen de guerra
Bombardean sen criterio, quen son os terroristas?
Que viva a nosa loita e que viva Palestina!

Non penso renunciar a vivir na miña terra
É un xenocidio, que non falen de guerra
Quero vivir en paz sen chorar baixo a kufiya
Que viva a nosa loita e que viva Palestina!

Vou cara ao colexio e hai un punto de control
Non podo pasar e caio ao chan dun empurrón
Non sei que está ocorrendo e xa só noto a presión
Dun xeonllo no meu peito sen ningunha compaixón
Fago o que podo, intento fuxir, non podo berrar, tampouco sentir
A vista nubrada, non podo ouvir, vai chegando a fin
O agobio é insoportable e cae o mundo sobre min
Así é como actúa o exército israelí
O exterminio nunca frea e os abusos son diarios
Está Occidente cego? Por que nos dan de lado?
Ata cando van durar tanta dor e tantos danos?
Isto é un crime, non é cousa de bandos
Esperto xa na casa ao escoitar a alguén chorar
A miña nai dáme unha aperta que espanta todo mal
Estou aínda asustado, non son quen de pensar
Non estou seguro nin no meu propio fogar
Cae de novo a noite e volven as promesas
Derrubar un muro imposto, os bloqueos e as fronteiras
Que non sexa un perigo ondear unha bandeira
E que se algo cruza o ceo non sexa máis que unha estrela

Retrouso
Track Name: Catro historias de amor e unha balada
A droga é unha gran aliada do sistema, unha arma moi eficaz para eliminar ás voces discordantes. Aquí van catro relatos protagonizados por catro caras anónimas, todas vítimas da incomprensión e do silencio.

Soubo que te amaba falecendo unhas cen veces
Casado coa xenebra, embarcando en martes trece
Cautivado polas musas, emporcado polas feces
Ti dime de que abusas e direi de que padeces
Sen doutor mais con menciña, consome o que lle ofrecen
Mais sente que fas falla cando todo esvaece
Mais sente que te ama cando a vida esmorece
Andaba a galope pra fuxir desa derrota
Pois na vila só hai paro, veña, ponme outra copa
Con navalla e tirón, coa maldita euforia tola
De quen gasta toda a paga, quen malvive a queimarroupa
Cae na conta ao pensar que xa está mal da cachola
Que só está a perder o tempo, que só está a facer o idiota
Pero sobe ao seu cabalo pra ascender á terra ignota

He sabido que te amaba
Cuando he visto que tardabas en llegar
Y sentí desvanecer mi indiferencia
Al temer que no volvieses nunca más

O ceo queda lonxe para aquel que está proscrito
O averno toma forma no cristal dese chupito
Labirinto de desgracias cos sentidos máis que extintos
Precisa lume e sangue pra saciar o seu instinto
Vai ao ensanche, a ese garito no que estaba de currito
Pregunta polo dono, ese perfecto señorito
Colle e fende a súa testa, deixa a festa feita un cristo
Máis na morte que na vida, xa prefire non sabelo
Tiña moitos soños mais colleu os pesadelos
Con Camela na radio vai e busca ao seu camelo
Compra toda a súa fariña, desa que vén sen farelo
Cunha raia a contrapelo continúa a ser un elo
Dun sistema que marxina se non segues o modelo
Cadeas que conseguen destrozar os seus anhelos

Retrouso
Track Name: Á volta da lúa
Estrías coma estradas hai nas túas pernas
Que percorro na procura dunha vida eterna
Mais só vexo na caverna siluetas tan informes...
Só me queda chorar como fan as que son fortes
Coma o verme que se mete dentro da froita madura
Quero paz, soñar cun refuxio nesta noite escura
E crebar coas túas ataduras
Trazar un plan de coidados pra curarnos as fisuras
Atopo a túa cara nos recunchos da cidade
Trobo nesta soidade versos pola inmensidade
Da distancia entre nosoutras neste mundo
Que separa máis ca nada, que nos une nun segundo
Collo o tren coa brétema nos ollos
Penso na mañá e nos intres que son nosos
Nin de teu, nin de meu e con nomes propios
Cun valor incalculable no carreiro sinuoso
Protéxeme da bátega nos soportais
Prometo liberarnos do que doe, dos quizais
Mais non creo nos milagres, tampouco no porvir
Só creo na lembranza cando deixe de existir
Tamén creo en ti, desfrutando cada punto e coma
Refutando cada axioma nun sorriso que agroma
Neste instante, no xigante dun agora
Colle a miña man, hai un mundo alá fóra

Para que lamentar?
Se algo non fixemos, que non pese na razón
Sen deixar de loitar
Tócanos mimar todas as contradicións
Xa non vale caer
Con apoio superamos todo aquilo que fai mal
Nin deixar de correr
Coidando cada paso sen fixarnos no final

Mírote de fronte cun quérote entre dentes
Bástame un instante pra seguir contigo adiante
Ás veces síntome valente, pois parece suficiente
Que sexamos diferentes, mais xuntas ingobernables
As ganas de apertarte non hai dispersión que as free
Nin é unha opción ceder por moito que nos disparen
Non existen normas das que queren impoñer
Que a arte de querer se sostén na liberdade
Ir de viaxe a Cuba e a onde ti queiras chegar
Se un día nos encerran lembrarei eses momentos
O reflexo nos teus ollos do poder popular
E os corazóns conectarán entre as celas de illamento
Sendeiros paralelos, pero que sexan distintos
A andar sempre no mesmo xa non lle vexo sentido
Aínda que nos separemos seguro que coincidimos
Cruzarémonos nas rúas porque sobran os motivos
Somos forza e rabia, somos pura alegría
Se esquecemos a tenrura péchase toda saída
Chegamos ata aquí grazas á mesma utopía
Que neste mundo amar é alegar á rebeldía
Non mires cara arriba, que aínda que vaia chover
Se ao final imos ser cinzas abofé que imos arder
Que manter a chama viva non sexa cuestión de fe
Deitarse ao teu carón significa estar en pé

Retrouso

A dez centímetros de ti, case sinto o teu impacto
Agocho con premura a vontade de contacto
Un pouco máis, son indeciso
Pero todo vai ben, non me agobio se improviso
Roubamos centímetros, só nos quedan tres
E sinto tras de min o rozar da túa pel
O guión desbotado dunha peli inconclusa
É Marla asustada en El club de la lucha
Eu non vou mentir, dicir que todo irá ben
Pero me comprometo a non mentir no querer
Sen falsas promesas, nin xogar ao que non son
A dialéctica está aí, non lle escapa nin o amor
Non é pesimismo, nin rachar a ilusión
Vai de afrontar con respecto toda decisión
Sen agochar a dor, nin as contradicións
A cabeza está aí, pero non nega o corazón
Superamos a noite, con alegre aleivosía
Camiñamos agochadas na batalla clandestina
Construímos un refuxio en cada misión
No medio da acción, amosamos convicción
Non sei onde estaremos
Cando conquistemos todo o que queremos
Pero sei, pensarei
Naquela guerrilleira coa que tanto soñei

Retrouso

Armados de claveles sin una excusa concreta
Repoblamos los cañones de todas las escopetas
Para demostrarle al mundo, sin perder el rumbo
Que solo estos versos van cargados de futuro

Retrouso

There’s a ring around the moon