Ezetaerre

by Ezetaerre

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

1.
2.
03:00
3.
4.
02:08
5.
6.
7.
8.
03:12
9.
10.
03:14

about

Primeiro traballo de Ezetaerre.
Gravado en El Zulo Rojo (A Coruña, Galiza).
Letras: Garchu, Pirola e Petrowski
Instrumentais: Petrowski

credits

released March 17, 2016

tags

license

about

Ezetaerre GA, Spain

DIGNIDADE · SOLIDARIEDADE · HUMILDADE

Grupo de rap combativo dende Galiza.

Contratación: ezr.galiza@gmail.com (617888186).

contact / help

Contact Ezetaerre

Streaming and
Download help

Track Name: Kinki
Abran paso, non hai tempo, a chavalada está enfadada
Nós movemos o mundo e vivimos demonizadas
Faltas de respeto, as mofas, os ataques
Son as fillas bastardas de anos de loita de clases

Todo é tan moderno, todo tan Almodóvar
Son do cine real de José Antonio de la Loma
Sobran cómplices, que xogan a non dicir nada
Orgullo é Jarfaiter e non Carmen Lomana

E nos envelenan con series como Aída
Ela é unha loitadora e non Susana Díaz
Detrás da caricatura de chamarte nini ou vaga
Reside a estratexia pra que sigas explotada

Navajazo no bazo de estereotipos criminais
Xustifican recortes, rouban dereitos sociais
Lembras o parque? Lembras a praza?
Xa non xogan as nenas, agora son todo terrazas

Mudan as identidades, eu veño facer resumo
Antes orgullo de barrio, pois agora de consumo
Desculpade que me poña tiquismiquis
Embates do capital contra o meu lado kinki

Comeza outro día, outra vez a mesma xeira
Baixo o xugo elitista que afoga na miseria
Traballamos na obra, non roubamos carteiras
Barre o chan esa chav, non hai tempo para lerias

Nin pra ese clasismo, esa falta de humildade
Esnobismo grotesco, estigmatiza por decreto
Acusa ao cani e á choni de toda a maldade
Non es máis intelectual por ler máis que o resto

Discriminas ás obreiras, asoballas oprimidas
Así apoias, lexitimas, un goberno xenocida
Teñen o control sobre as vosas vidas
A tele, a radio, os barrios, as vilas

Reprimen as protestas co seu poder xudicial
Dominan cos seus medios a opinión e a moral
Tócanos montar xa un Gamonal
Rachar dunha vez co racismo social

Xa basta de aturar, imos quitar caretas
Estou máis que fartiño de intelectuais de etiqueta
Presumindo de estudos e horas de biblioteca
Din saber de todo e son fillas de Atresmedia

Logo abren a boca e sempre lembran ao cuñado
Que chama cani ou choni á caixeira do mercado
Os Osbornes e os Mejides vos teñen ben adestrados
Odiar ao proletario está socialmente aceptado

Ti admiras a Drake? Nós preferimos ao Coleta
Ti es de París e nós somos máis de Vallekas
Cine quinqui en vena e orgullosas descendentes
Do Lute, do Vaquilla, do Pirri e do Torete

Ti tiras a merda, mentres nós a limpamos
Ti vacilas de libros, nós temos curros precarios
Romper coas cadeas que perpetúan este sistema
Precisa de toda obreira e unha loita en cada barrio
Track Name: Berros do mar
Sen alarmas nin sorpresas como dixo Thom Yorke
A existencia pasa e pesa como discos de Björk
I eu me fago maior e podo ser peor
Se me paso á resistencia saberán o que é a dor

I é que nos falta calor e nos sobran os motivos
E citando a Sabina eu prefiro a Sabino
Defendendo ao pobo e rachando co libro
Desmontando toda a farsa que inventaron os cretinos

Eu asino por unha vida máis xusta
Por mover os alicerces na manida Vetusta
Da podredume que nos axexa e nos asusta
Nesta noite de pedra, nesta longa marabunta

E se chove no rueiro imos xuntas enchouparnos
Que ninguén xamais poderá envelenarnos
Todo cambia e fica igual no país do Gatopardo?
Hai que chegar ao final, rematar con eses parvos

Dignidade
Solidariedade
Humildade
Berrando xunto ao mar para a colectividade

Dignidade
Solidariedade
Humildade
Mantendo o puño en alto pra cambiar a realidade

Co exemplo de Marcelino, nós non imos dobregarnos
Se nos ofrecen tregua racharemos o contrato
Propóñote un trato: combate neste bando
Se o camiño se torce nós non imos desandalo

Loita neste lado, loita constante e consciente
Loita polo futuro, loita pola túa xente
Pra mudar o mañá, loita no presente
Loita polo que queiras, pero veña, loita sempre

Se me precisas, compa, non asubíes e berra
Xuro que che verei, pero unha vez remate a guerra
Resisto á marea e ao que faga falta
Pedras contra tanques nesta miña Intifada

Sen medo a represalias como o Black Power en México
Se morro, como Ernesto, que sexa pra ser eterno
Sigo percorrendo esta longa noite
Lanzo berros afogados que espero que alguén escoite

Refrán

Espertei e veño para contalo
Non aturo neste mundo onde mandan os villanos
E soñei con erguer un mundo novo
Por iso nas miñas letras sobra rabia e desafogo

Berramos como Mercedes Sosa
Sabemos que todo cambia e que esta vida é nosa
Aquí non hai segundos asaltos
E a pesar das caídas todavía cantamos

Non é por pracer, nin temos boa voz
Cantamos por Víctor Jara, nos sobran razóns
Como o cóndor, saímos das quebradas
Voamos cara as cimas, somos as explotadas

Abondaron os tempos de resistencia
As voces da tiranía agora pedirán clemencia
Poderosos, voitres, marionetas
Nos queren afundir, pero ergueremos as cunetas

Refrán
Track Name: Vampiros
Somos fuxitivas, desertoras desas tebras
Escapando dos vampiros dos que falaba o Zeca
Gorxas, mans resecas evaden ás culebras
Remata a partida, Clandestino, Mano Negra

Non somos asasinas, non somos ilegais
Nós somos consecuencia da política imperial
Desa vella orde mundial financiando o xenocidio
E negándolle un exilio ás que se afastan dese mal

E non é o Islam o culpable da violencia
Non son as refuxiadas xihadistas en potencia
Non son as súas crenzas, senón os presidentes
Buscando beneficio bombardean inocentes

Eles comen todo e non van deixarnos ren
Eles queren ouro e xa non dicimos amén
Saqueando o noso pobo, territorio de conquista
A nosa terra non se vende, imperialistas!

Vidas esmagadas en Damasco i en París
Terroristas sen remorsos dende Irak a Wall Street
Exterminio israelí, caen bombas sobre Gaza
Pero alí non pasa nada que está moi lonxe de aquí

E como antítese fronte á súa gran codicia
Afiemos estas fouces coa súa avaricia
E como síntese contra toda inxustiza
Defendamos o que é noso, dende Siria ata Galiza

Celebremos esta vida, non é cuestión de fe
A min tanto me ten se cres ou se non cres
Dentro do noso baleiro permanece en pé este orgullo
E por iso e por todas, dende abaixo e sempre en pé

Refrán
Track Name: Mexan por nós (con Samu Acaracán)
Eu vivo nunha terra que está oculta tras os montes
Onde o ceo é sempre gris, o sol sempre se esconde
Mariñeiros e labregas do Morrazo ata Monforte
Non vivo en Galifornia, eu vivo aquí no norte

É regueifa de combate na nosa romaría
Carretaxe de votos pra gañaren a alcaldía
Poetas como Curros, Pondal ou Rosalía
Area e chapapote en Carnota i en Muxía

Con morriña da casiña, miña terra galega
Aldea e minifundio, maldito Amancio Ortega
Fai un sol de carallo, Resentido coma Reixa
Non é un aturuxo, eu canto o rap das bestas

Con zanfonas e Luar, tamén José Tojeiro
Probando desa drogha que lle deu Sito Miñanco
Sighe así, saíndo nas fotos con narcos
Que eu sairei coa ghadaña se me moven os meus marcos

Eu vivo na terra do monzón
De contos de meigas nun galpón
Xa está aquí, xa está aquí o trebón
Está a chover, ou é que mexan por nós

Isto vai por ti, terra máxica e labrega
Esquecida, desprezada, vangarda da resistencia
Isto vai por vós, que saídes defendela
Que soñades cun mañá lonxe da noite de pedra

Brisa de dignidade ao pisar o Campo da Rata
Cartas sen destino nunha cela solitaria
Rock bravú no Xabarín, unha xeración marcada
Prá que o fillo de Son Goku se chamaba Son Goanda

Co vento na cara, sempre saltando charcos
Conciencia de clase nos muros de Monte Alto
Na tele, un porco bravo, nós medrando ao seu carón
Fouce en man e berrando que eu nunca serei yo

Daniel e Amador, exemplo de loita ata a morte
Empúrrannos desexos que venceron ao garrote
A guerrilla de choque, historias que viven no tempo
Un recordo eterno en cada mar e en cada monte

Refrán

Deitado fronte ao mar escribo estas verbas
Escoitando no vento a voz das nosas antergas
Ecos de mil singladuras, aires de mil batallas
Combatindo a ditadura nas vilas e nas montañas

Son Gayoso e Seoane, a loita na posguerra
Folgas do 72 dende Vigo a Ferrolterra
Son as nais loitando contra a droga
O pobo salvando ao pobo cando a dignidade afoga

Cada día un misterio na terra das meigas
Defendendo o traballo no campo, nas conserveiras
Non hai tregua pra quen nos asoballa
Temos armas segredas: licor café e queimada

I entre tanto alcohol fomos ficando sós
Esta base, catro tolos e nós
E a Santa Compaña, con xesto de gloria
Que axustizou a Fraga mentres berraba vitoria!

Refrán
Track Name: Ocos nos lirios (con J. Crego)
Espertar pola mañá, sen ilusión nin sentimento
Outro nome máis, presa do esquecemento
Pero basta de lamentos, non te dés por vencido
Andar é a única forma de avanzar no teu camiño

E no destino, mira, síntoo, hai tempo que non creo
A dignidade se conquista, non vai caer do ceo
Traballar arreo e recoller só bágoas
Chorar só de impotencia e berrar só de rabia

Pero calma, compañeira, que xa vai escampando
Esta tempestade traerá brisa de cambio
Busquemos a alegría agochada nun lugar
No sorriso da nena que ten todo por gañar

Por iso hai que loitar, non quedan máis saídas
Lembrando cada golpe, aprendendo das caídas
Vivamos coa paixón que tiñamos de cativas
A nosa historia, amiga, non está aínda escrita

Camiña convencida, non desvíes o rumbo
Pelexa polo barrio, salta calquera muro
Cando peche os meus ollos e fique por fin mudo
Eu quero que digan que intentei mudar o mundo

Ese é o meu desexo, ser nós as que decidan
As vitorias que na rúa acadamos son poesía
Resistindo sempre unidas neste duro combate
Sempre puño en alto, á esquerda e cara adiante

Golpe a golpe hei de medrar
Coas bágoas rego a semente da carballeira que chaman vida
Golpe a golpe hei de medrar
Loitar senlleiro co espello, dicía o meu vello canta o que sintas

Traio nestes versos o mellor da nosa clase
A esperanza que resiste, o sorriso inquebrantable
A nosa defensa? Construír o inalcanzable
Loitar xuntas, día a día, dende o abstracto até o palpable

Son dos bos, xenerosos, incansables
Dos que non fican na casa vendo pasar a barbarie
A das refuxiadas e as explotadas
Neste réxime do paro e das avoas represaliadas

Isto vai polo meu tío, pola xeración roubada
Por quen morreu a mans dunha agulla envelenada
Cargada polas elites oligarcas
O PSOE, a policía e as herdeiras de Fraga

Somos nós as que deixamos a vida
Elas non saben qué é chorar polas desaparecidas
De Colombia a Vietnam, pasando polas Malvinas
Prometo ante vós que vingaremos as caídas

Sen máis que facer que dar o mellor de min
Pra que todas nesta vida poidamos sorrir
O optimismo da vontade pola liberdade
Sobran guías no camiño pra rachar coa escuridade

Porque sabes? Temos o peso das mortas
Nos empurran cara adiante, fan forza nas nosas costas
Pra vencer aos golpes e ao vento
Aquí estamos as nadies, chegou o noso momento

Refrán

A vida é un xogo no que todas perdemos
E nesta costa abaixo non hai trucos nin freos
Non hai Dios aló no ceo que te poida rescatar
Eu prefiro pensar que isto é todo o que teño

Será triste e dará medo, pero eu teño a ilusión
De loitar por unha idea, por un mundo millor
Polas cousas pequenas, sen perder de vista o norte
Porque nós somos máis fortes se pulamos pola unión

E se te teño ao meu carón saltan as faíscas
Que o inverno do mundo garda lume entre as cinsas
Que no bico hai un cantar que defende a ledicia
Que recende a lar, que se acende coma a isca

E non perdes se arriscas, pero eu non busco fama
Eu quero descender ao inferno para encherme de lama
Eu só busco o dereito a pan, teito e traballo
A vontade herdada de vivirmos como humanos

Mais están do meu lado o mellor destes lares
Compañeiras, compañeiros de trincheira e de bares
De bandeiras, de mares, de mareas, de debates
Da barbarie que cometen os magnates

Os embates non son nada se mantemos a alegría
E se na nosa estadía rexeitamos o que é fútil
Xa o dixo o poeta, construíndo a utopía
O poder do noso amor xa deixou de ser inútil

Refrán
Track Name: Liberdade
Outra noite só cun folio e só podo pensar en ti
En buscarte ata o fin, por moito que fracase
Vou de fase en fase, pero ti estás sempre aí
Ti es meu leitmotiv, e gárdote en cada frase

Síntote en cada sample, estás en cada tema
Querendo ou sen querer formas parte de cada letra
Por ti é cada contenda e fas que cante hoxe
Ti es a que me move, a máis grande das miñas teimas

Estás en cada lenda, nas fendas dese vinilo
No camiño que alumeas de volta dun longo exilio
Imaxino que te achegas e que vés para quedarte
A túa falta faise arte, esta esperanza faise abrigo

Síntote comigo, non caíches no esquezo
Lonxe do corazón, pero cerca dos meus latexos
Por ti é todo canto que sae do fondo do peito
Toda sílaba que exhalo ao micro dende estes beizos

Non sei como atoparte e véxote en cada charco
Sentado nun parque, nun paseo polo barrio
Nunca tiven máis musa, contigo non foi preciso
Agora asumo o risco e loito por terte ao lado

Semente de vencer agardando ata a alborada
Sorrín contracorrente pra non afogar en bágoas
Entendín que ía verte ao final desta escapada
E que a escalada paga a pena se conquistas a montaña

Deitado na cama lémbrote mirando ao teito
Soño con soñarte mentres aínda estou esperto
Agocho baixo a almofada o que te dixen de neno
Estás nos meus anhelos e en todos os pesadelos

De quen fomenta o medo e te odia por rachalo
Quen non puido frearte con torturas nin disparos
Somos o mal necesario, o principio do final
O noso lado animal, o xerme contestario

Revolucionario namorado da utopía
O amor e a rebeldía me guían para escribirte
Atrapado nese intre fixen premisa dos días
Avanzar ata atoparte de imposible en imposible

Non fun o primeiro, moitas antes te loaron,
Linte coa pel de galiña nun poema de Roque Dalton
Non me rindo nin cedo, iso o aprendín de Mario
Perseguinte no deserto como o Polisario

Escóitote en cada acorde da guitarra de Jara
Imaxineite na noite estrelada e na loita de Gaza
Fuches fiel compañía de toda fusilada
Que escoitou o teu rumor antes do asubío das balas

Eu sinto que me chamas, ouzo berros dende as tebras
Dende mares e prazas entran por cada fiestra
A túa voz pide revolta dende o lume das lareiras
Os ecos da túa historia saen con forza das cunetas

Luz na escuridade, meu motor de vontade
Inspiración á insurrección en fábricas e cidades
Por ti sigo en pé, benquerida Liberdade
Aínda non te atopei, antes teño que conquistarte
Track Name: Fillas de Ayotzinapa
Dende Francia e México, chega ánimo e calor
As voces das devanceiras chaman a unha insurrección
Berros de revolución en cada praza, en cada gorxa
Pra acabar coa vella escola da que falou Boikot

Non imos claudicar, vimos facer historia
Construír un mundo novo tombando cada reforma
Un canto ás estudantes, como Lugo, como Sosa
Dende as rúas aos despachos, que treman con cada folga

Contra opresións impostas e educando en igualdade
Ensino de calidade para aprender a ser libres
Outra educación para outra sociedade
Golpear ata vencer, como estudantes en Chile

Nas aulas compañeirismo, non máis competencia
Que o sistema educativo non separe á clase obreira
O estudantado combativo deixa esta advertencia
Facultades e institutos serán as nosas trincheiras

Dame a túa voz, únete a min
Hai que crear o movemento estudantil
Nas nosas clases, en movemento
Asembleas, manis, folgas, tomaremos cada centro

Dame a túa voz, únete a min
Hai que crear o movemento estudantil
Nas nosas clases, en movemento
Asembleas, manis, folgas, tomaremos cada centro

Escribo estas liñas pensando no futuro
De miles de estudantes que deixaron os estudos
Eu vístome de negro no seu porvir escuro
I é que eu sen elas nada i é que eu por elas sufro

Para rematar co lucro e co que desfixeron
Deixando a medio mundo sen comida e sen teito
Roubaron os dereitos, tamén o que quixeron
Mais estamos, espertos, e con valor no peito

Porque somos a esperanza deste mundo hostil
A vangarda estudantil disposta a resistir
Os recortes i os golpes que non teñen fin
A escola non se vende, son 45.000

E os fillos dos franquistas, que non cambiaron nada
Falan de democracia e nos teñen amordazadas
Fagamos a Intifada, non quedemos caladas
Que nós somos guerreiras, fillas de Ayotzinapa

Refrán

Susurrado por Violeta e polas miñas semellantes
Eu quero homenaxear a tódalas estudantes
Unha a unha van formando o xardín das alegrías
Florecen primaveiras nas esquinas máis sombrías

Secuestros polas noites, golpes a pleno día
Os lápices aínda escriben dende aquí até Arxentina
E hai memoria, tamén conciencia
Son o parcero da MANE soterrando a Ley 30

É por Yolanda González, por lembrar a Líber Arce
Por Enrique Ruano, grazas polo voso aguante
Pingüino chileno, secundarista brasileira
Voltaremos á Sorbona, á Politécnica de Atenas

Coa forza da UNAM, en pé de loita
Sindicato de Estudantes, liberados rompefolgas
Seguiremos con todo en contra
As que collan o relevo aprenderán da nosa historia

Refrán