Mexan por nós (Petrowski Remix)

by Ezetaerre

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

1.

about

Samu Acaracán non aprobou este remix.

credits

released April 19, 2016

tags

license

about

Ezetaerre GA, Spain

DIGNIDADE · SOLIDARIEDADE · HUMILDADE

Grupo de rap combativo dende Galiza.

Contratación: ezr.galiza@gmail.com (617888186).

contact / help

Contact Ezetaerre

Streaming and
Download help

Track Name: Mexan por nós (Petrowski Remix)
Eu vivo nunha terra que está oculta tras os montes
Onde o ceo é sempre gris, o sol sempre se esconde
Mariñeiros e labregas do Morrazo ata Monforte
Non vivo en Galifornia, eu vivo aquí no norte

É regueifa de combate na nosa romaría
Carretaxe de votos pra gañaren a alcaldía
Poetas como Curros, Pondal ou Rosalía
Area e chapapote en Carnota i en Muxía

Con morriña da casiña, miña terra galega
Aldea e minifundio, maldito Amancio Ortega
Fai un sol de carallo, Resentido coma Reixa
Non é un aturuxo, eu canto o rap das bestas

Con zanfonas e Luar, tamén José Tojeiro
Probando desa drogha que lle deu Sito Miñanco
Sighe así, saíndo nas fotos con narcos
Que eu sairei coa ghadaña se me moven os meus marcos

Eu vivo na terra do monzón
De contos de meigas nun galpón
Xa está aquí, xa está aquí o trebón
Está a chover, ou é que mexan por nós

Isto vai por ti, terra máxica e labrega
Esquecida, desprezada, vangarda da resistencia
Isto vai por vós, que saídes defendela
Que soñades cun mañá lonxe da noite de pedra

Brisa de dignidade ao pisar o Campo da Rata
Cartas sen destino nunha cela solitaria
Rock bravú no Xabarín, unha xeración marcada
Prá que o fillo de Son Goku se chamaba Son Goanda

Co vento na cara, sempre saltando charcos
Conciencia de clase nos muros de Monte Alto
Na tele, un porco bravo, nós medrando ao seu carón
Fouce en man e berrando que eu nunca serei yo

Daniel e Amador, exemplo de loita ata a morte
Empúrrannos desexos que venceron ao garrote
A guerrilla de choque, historias que viven no tempo
Un recordo eterno en cada mar e en cada monte

Refrán

Deitado fronte ao mar escribo estas verbas
Escoitando no vento a voz das nosas antergas
Ecos de mil singladuras, aires de mil batallas
Combatindo a ditadura nas vilas e nas montañas

Son Gayoso e Seoane, a loita na posguerra
Folgas do 72 dende Vigo a Ferrolterra
Son as nais loitando contra a droga
O pobo salvando ao pobo cando a dignidade afoga

Cada día un misterio na terra das meigas
Defendendo o traballo no campo, nas conserveiras
Non hai tregua pra quen nos asoballa
Temos armas segredas: licor café e queimada

I entre tanto alcohol fomos ficando sós
Esta base, catro tolos e nós
E a Santa Compaña, con xesto de gloria
Que axustizou a Fraga mentres berraba vitoria!

Refrán