/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

about

Rematamos facendo rap porque este se constituíu como ferramenta para a loita, pero os nosos referentes van máis aló. Cando aparecen ritmos folk pode que teñan que ver con Pedro, mentres que os máis acelerados son cousa de Juan e a esencia rapper, do Miguel (aínda que a estas alturas xa é probable que todo teña moito que ver con todos). Somos eclécticos como diversas son as influencias coas que construímos as nosas reivindicacións.

lyrics

Sabes o que é medrar criado de nota en nota?
O pracer dese boom bap como banda sonora
Comecei a amar os clásicos con Dolcce Rotta
E aprendín da explotación nun retrouso dos Estopa
Bombo e caixa a queimarroupa pra loitar contra a inxustiza
Negratas en Detroit desafiando á policía
Cantamos con Mercedes pra darlle grazas á vida
Que traballe o rei e que non morran as da mina
Rimas clandestinas dedicadas ás do andamio
I é que aquí en Galiza tamén hai medo e asco
Non é tempo de chorar, Habeas deixouno claro
Coas letras do Efe imos seguir soñando alto
Escoitei a Silvio poñer nome aos ogallás
Co Charlie e co Chaman regresei á miña infancia
Se nos queren sen ás imos elixir voar
Porque nós somos tamén figli della stessa rabia

Veña, va, escribe uns cantos versos
Que a unidade sexa o teu quinto elemento


O Garchu pon o flow
Petrowski trae a clase
O Pirola engade o punk
E destrozamos esta base

Aparezo eléctrico nesta canción de cancións
Traio candombe e perreo inspirados por Van Damme
E móvete xa e sinte o corpo vibrar
Que non hai revolución se non podo bailar
Ben sexas Jimmy Jazz, ou o Manolo Rastaman
Estás na liña do frente, Rudie, non podes fallar
Tes moito pra elixir, cambiar de hoxe pra mañá
Tamén podes dicir que non somos nada
Baila esta cumbia tropical contra o capital
Melodías subversivas nun estribillo dos Clash
Das favelas de Río a Jamaica nos 60
Rocksteady, prima, disturbios ata que amaneza
A irreverencia do punk e a potencia dun bo hardcore
Nun compás musical, rachamos co relato
Como o Grândola cantamos ao cambio de valores
Pra facer un novo abril despois destes acordes

Eh, avisamos:
Somos os mesmos que cando empezamos!

Retrouso

Eh, meu, escoita a DKTC, vai
Fai un bombo caixa co teu MPC
Vai e rouba esa guitarra duns tal AC/DC
E comeza a tecer rimas nese papel
Que hai Tremenda Jauría pra toda a semana
Fillas do agobio e dos temas de Triana
Escenes Quotidianes, ah, volum II
Tamos sempre no ZOO cos Gorillaz dando caña
E menos mal que nos queda Portugal
Matar jipis en las Cíes con Siniestro Total
Ese son brutal de Pete Rock na instrumental
De La Otra, de La Basu, de la Bittah, de la Starr
E dálle ao loro, meu, baila sen medo
Ben sexa neste rap ou nos ritmos caribeños
Orgullosas do que fomos, do que somos, do que cremos
Que dentro do meu corpo hai simpatía polo demo

Ei, dálle ghas ao altofalante
Coa man erguida neste ritmo incesante

Retrouso

credits

from Aspiracións mínimas e urxentes, released February 22, 2017
Sample: The World (Is Going Up In Flames) (Charles Bradley, No Time For Dreaming)

tags

license

about

Ezetaerre GA, Spain

DIGNIDADE · SOLIDARIEDADE · HUMILDADE

Grupo de rap combativo dende Galiza.

Contratación: ezr.galiza@gmail.com (617888186).

contact / help

Contact Ezetaerre

Streaming and
Download help